Selección de rugby de Tonga
Aparencia
Tonga | |||
---|---|---|---|
Alcume(s) | ʻIkale Tahi | ||
Emblema | Pomba branca | ||
Unión | Tonga Rugby Football Union | ||
Adestrador | Toutai Kefu | ||
Capitán | Siale Piutau | ||
Mais caps | Nili Latu (54) | ||
Máximo anotador | Kurt Morath (338) | ||
Máis ensaios | Fetu'u Vainikolo (15) | ||
Estadio | Teufaiva Sport Stadium | ||
| |||
Ranking World Rugby | |||
Actual | 13 (2 de decembro de 2019) | ||
Máximo | 9 (2011) | ||
Mínimo | 20 (2006) | ||
Estrea internacional | |||
Tonga 9−6 Fidxi Nukuʻalofa, Tonga; 25 de agosto de 1924 | |||
Maior vitoria | |||
Tonga 119−0 Corea do Sur Nukuʻalofa, Tonga; 22 de marzo de 2003 | |||
Maior derrota | |||
Nova Zelandia 102−0 Tonga Auckland, Nova Zelandia; 16 de xuño de 2000 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 7 (primeira en 1987) | ||
Mellor resultado | Primeira fase (1987, 1995, 1999, 2003, 2007, 2011, 2015, 2019) |
A Selección de rugby de Tonga representa a Tonga nas competicións oficiais de rugby. O combinado adoita ser coñecido como Ikale Tahi (Aguias do mar). Coma os seus veciños da Polinesia, os tonganos realizan unha danza guerreira, o sipi tau, antes do comezo dos seus partidos.
Tonga forma parte da Pacific Islands Rugby Alliance que agrupa ademais ás federacións de Samoa e Fidxi.
A pesar de que a poboación de Tonga apenas supera os 100.000 habitantes e menos de 800 xogadores practican o rugby, o equipo de Tonga posúe un bo nivel. Algúns dos máis famosos xogadores de rugby proceden de Tonga, aínda que triunfaron coas seleccións doutros países: Jonah Lomu, Isitolo Maka ou Willy Ofahengaue, entre outros.
Copa do Mundo de Rugby
[editar | editar a fonte]Participacións de Tonga na Copa do Mundo.
Edición | Organizador | Posto |
---|---|---|
1987 | Nova Zelandia e Australia | Fase de grupos |
1991 | Inglaterra[1] | Non se clasificou |
1995 | Suráfrica | Fase de grupos |
1999 | Gales[2] | Fase de grupos |
2003 | Australia | Fase de grupos |
2007 | Francia[3] | Fase de grupos |
2011 | Nova Zelandia | Fase de grupos |
2015 | Inglaterra[4] | Fase de grupos |
2019 | Xapón | Fase de grupos |